jueves, 18 de junio de 2020

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferencia.

SEXTO A:
URL: https://meetingsemea15.webex.com/meet/vfreire

Número de reunión: 142 601 049

SEXTO B:
URL: https://eduxunta.webex.com/meet/vanessabarciela

Número de reunión: 841 807 764


Empezamos coa corrección.


SOLUCIONARIO

RELIEVE EUROPEO: COSTAS, RÍOS, LAGOS E CAPITAIS.

a)Define: costa, río, lago, delta, península,golfo, cabo, illa e capital.
COSTA: Zona de terra que está próxima ao mar, así como a zona de mar próxima á terra.
RÍO: Curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río.
LAGO: Masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar.
DELTA Construción sedimentaria que se produce na desembocadura dun río, formada polos aluvións transportados por este.
PENÍNSULA: Porción de terra rodeada de auga por todas as partes menos por unha, que a une ao continente.
GOLFO: Gran porción de mar que entra na terra entre dous cabos.
CABO: Parte saínte da costa, que penetra no mar.
ILLA: Porción de terra rodeada de auga por todas partes.
CAPITAL: Cidade ou poboación onde reside o goberno ou os órganos da administración dun país ou dunha provincia.

b) Sitúa neste mapa de Europa os seus principais accidentes do relevo costeiro :  
AS ILLAS CANARIAS ESTÁN MÁIS Á ESQUERDA E O CABO MATAPÁN ESTA EN GRECIA.

c) Sitúa, neste mapa de Europa ,os principais ríos que a atravesan. Ponlle o delta a aqueles ríos que o pusúan como o Rin. Agora ponlle nome aos lagos que aparecen en dito mapa.
d) Coloca o nome da súa capital a cada país europeo. Lembra que se non che caben as letras dentro do país, sempre podes facerlle corresponder un níumero. Fíxate no seguinte exemplo: n.º 1 España- Madrid.
1Albania:Tirana
,2 Alemaña: Berlín
.3 Andorra:Andorra la Vella
,4 Armenia: Ereván
,5 Austria: Viena
,6 Azerbaiyán: Bakú
, 7Bélgica:Bruselas,
 8 Bielorrusia:Minsk
, 9Bosnia y Herzegovina:Sarajevo
, 10 Bulgaria: Sofía, 
 11 Chipre: Nicosia
, 12 Ciudad del Vaticano: Ciudad del Vaticano
,13 Croacia: Zagreb
,14 Dinamarca:Copenhague
,15 Eslovaquia:Bratislava
,16 Eslovenia:Liubliana
,17España: Madrid,
18 Estonia:Tallín
,19 Finlandia:Helsinki
,20 Francia: París
 21Georgia:Tiflis,
22 Grecia: Atenas
23 Hungría: Budapest
,24 Irlanda:Dublín
, 25 Islandia: Reikiavik
,26 Italia:Roma,
27Kazajistán: Astaná
, 28 Letonia:Riga
,29 Liechtenstein:Vaduz,30 Lituania:Vilna
,31 Luxemburgo: Luxemburgo
,32 MacedoniaSkopie,
33 Malta: La Valeta,
34 Moldavia: Chisinau,
35 Mónaco:Mónaco
,36 Montenegro:Podgorica
, 37 Noruega:Oslo
,38 Países Bajos:Ámsterdam
,39 Polonia:Varsovia
,40 Portugal: Lisboa
,41 Reino Unido:Londres,
42 República Checa:Praga,
43 Rumanía:Bucarest
,44 Rusia: Moscú
, 45 San Marino:San Marino
,46 Serbia:Belgrado
, 47 Suecia:Estocolmo
, 48 Suiza: Berna, 
49 Turquía: Ankara
, 50 Ucrania: Kiev





Solucionario

FÓRMULA 86.FACEDOR DE RATOS DE ACCIÓN RETARDADA

nº1
Os nenos son noxentos!- berrou a gran bruxa- Licuidarrrémolos a todos!Farrrrémolos desaparrrecerrr da fas da terrra! Botarrrémolos polo desacue!
_ Sí, si- entou o público-. Liquidarémolos! Farémolos desaparecer da terra! Botarémolos polo desaugue!
_ Os nenos son folcasáns e sucios!-voceou a Gran Bruxa.
_ Sí, si!- corearon as bruxas inglesas-. Son folgazáns e sucios!
_ Os nenos son sucios e fedorrrentos!-berrou a Gran Bruxa.
_ Sucios e fedorentos!- berraron elas.
Os nenos xeirrran a cacada de can!- berrou a Gran Bruxa-. A cacada de can xeirrra a violetas e rrrosas comparrradas cos nenos!
_ Violetas e rosas!-cantou o público. Aplaudían e aclamaban case cada palabra dita dende a tarima . A oradora semellaba telas totalmente enfeitizadas.
_ Falarrr de nenos dáme cana de vomitarrr!-berrou a Gran Bruxa-. Só pensar neles dame cana de vomitarrr! Ídeme buscarrr unha palancana!
A gran bruxa detívose e mirou feramente á masa de caras do público. Agardaban, desexando máis.
_ Así cue ocorrra . . . bradou a Gran Bruxa-. Acorrra teño un plan! Teño un plan xigantesco parrra desfacerrrme de todos os nenos de Inclaterrra!
As bruxas quedaron coas bocas abertas. Vovéronse e miráronse unhas as outras con macabros acenos de emoción.

n.º2
Idea principal: No congreso anual de bruxas, a Bruxa Suprema presenta o seu plan para acabar con todos os nenos do mundo: unha nova apócema. Esta apócema é a Fórmula 86. Facedor de ratos de acción retardada.
Ideas secundarias: As bruxas estaban moi emocionadas coa apócema, As bruxas repetían todo o que a Gran Bruxa ía dicindo, As bruxas tiñan que mercar tendas de caramelos…

nº3 O título fala da nova fórmula. A fórmula 86, que non produce efectos inmediatos, se non que vai liberando o seu poder, paseniñamente, para que ninguén poida adiviñar que foron os caramelos, mercados nas tendas das bruxas, os que transformaron os nenos en ratos.

nº4 Resposta libre.

n.º5
Comparación:
As súas horribles voces eran coma un coro de tornos de dentistas renxendo uns contra outros.
Metáfora:
As súas horribles voces eran un coro de tornos de dentistas renxendo uns contra outros.

nº6 Indicade que recurso expresivo se empregou nas frases seguintes:

  • A fórmula 86 pensa acabar con todas as criaturas da terra Personificación
  • As paredes da sala de reunión non saían do seu asombro  Personificación
  • O silencio acollía as horripilantes palabras da Gran Bruxa  Personificación
  • A voz da Gran bruxa abrazaba as ilusións do seu público  Personificación
nº7 Resposta libre

nº8 Resposta libre


MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POLO VOSO ESFORZO. ESTAMOS MOI

 ORGULLOSAS DE VÓS.

miércoles, 17 de junio de 2020

TAREFA 18 DE XUÑO


E AQUÍ CHEGAMOS Á DERRADEIRA ACTIVIDADE DESTE CURSO TAN PECULIAR. MAÑÁ COLGAREMOS O SOLUCIONARIO DE TAREFAS QUE FIXÉSTEDES EN DÍAS PASADOS.
TAMÉN MAÑÁ VENRES ÁS 13:00 HORAS TEREMOS UNHA ÚLTIMA VIDEOCONFERENCIA, CADA CLASE COA SÚA TITORA. NA ENTRADA DE MAÑÁ RECORDARÉMOSVOS O EN LACE PARA ENTRAR.

Frase do día: “ A educación é a arma máis poderosa que podemos empregar para cambiar o mundoNelson Mandela.

SUBIMOS UN CHISQUIÑO MÁIS...


Á UNIÓN EUROPEA (UE).
Martín ten pensado facer unha viaxe a Eurodisney (París) este verán (se o COVID 19 llo permite) porque a situación de alerta sanitaria que padecemos impedíullela nas vacacións de Semana Santa. Para levar a cabo esta viaxe, precisa saber a documenación que lle vai facer falta. Os seus compañeiros de 6º comentáronlle que pode desprazarse co DNI, se o país que vai visitar (Francia) pertence ao espazo Schengen, polo tando axudade a Martín a resolver estas cuestións para que a súa viaxe sexa todo un éxito.


       





a) Colorea neste mapa de Europa os países que compoñen a Unión Europea (UE).


b) Averigua cales son os fins e obxectivos da UE.

d) Explica que beneficios cres que lle pode supoñer a Martín formar parte da UE, tanto a día de hoxe como nun futuro: nivel persoal, formativo,laboral e de ocio (por suposto).

e) Saber que é o espazo Schengen e que países o compoñen.

g) Coñecer a documentación básica necesaria para os desprazamentos por Europa, tanto no caso de menores como de maiores de idade.

Para que poidas levar a cabo mellor as actividades anteriormente propostas. Velaquí un exercicio que é unha auténtica pista.

    1. Contesta verdadeiro (V) ou falso (F) nas frases seguintes e razoa a túa resposta.
  • Os seis estados europeos primeiros foron: Francia,España, Belxica, Luxemburgo, Italia e Países Baixos.
  • A partir do 01/01/1.999 o euro pasou a ser moeda única en Europa.
  • A unión europea está formada por 27 países.
  • O que se pretende é que a cidadanía europea non circule libremente polos estados que a forman.
  












martes, 16 de junio de 2020

TAREFA 17 DE XUÑO

REPASO: RECTAS Y ÁNGULOS

VÍDEO DE REPASO:


1. Completa:
a) Las rectas que nunca se cortan aunque se prologuen se llaman  ... 
b) Las  ...   son rectas que se cortan aunque tengamos que prolongarlas. 
c) Las rectas secantes que forman 4 ángulos rectos son  ...


2. Clasifica estas parejas de rectas en paralelas, secantes y perpendiculares.
3. Di qué opinas de las dos siguientes afirmaciones: 
- Todas las rectas secantes son perpendiculares.
- Todas las rectas perpendiculares son secantes.


4. Observa y relaciona.







5. Fíjate en el dibujo y contesta:




a) ¿Qué segmentos son paralelos? 
b) ¿Cuáles son perpendiculares? 
c) Las rectas que contienen a BC y CD son  ...  y  ...


6. Siguiendo las instrucciones dibuja el siguiente plano. 
- La calle Libertad es paralela a la  calle Justicia. 
- La calle Justicia es perpendicular a la calle Tranquilidad. 
- La calle Sosiego es secante a las tres anteriores.


7. Escribe el nombre de las partes señaladas en este ángulo.




8. Dibuja un triángulo con un ángulo de 90º y otro de 30º. Con ayuda del transportador, averigua cuánto mide el tercer ángulo.
9. Con ayuda de un transportador, ordena estos ángulos de menor a mayor, indica cuánto miden y si son agudos, obtusos o rectos.

10. Dibuja en tu cuaderno ángulos que midan: 25º 105º 15º 78º 143º 171º
Después indica de qué clase de ángulo se trata en cada caso.


DESPUÉS DE ESTE REPASITO A LAS RECTAS Y LOS ÁNGULOS, TENÉIS UNA PRESENTACIÓN MUY CHULA QUE HA PREPARADO LA PROFE CRIS PARA QUE VEÁIS LO  QUE SON LAS TABLAS Y LOS GRÁFICOS. HAY JUEGOS INTERACTIVOS, INTENTAD HACERLOS, SI OS ATASCÁIS EN ALGUNO PASAD AL SIGUIENTE.



TABLAS Y GRÁFICOS






lunes, 15 de junio de 2020



MOI BO DÍA, CHIRIBITEIR@S!

Frase do día: “Non pode haber felicidade se as cousas nas que cremos son diferentes das cousas que facemos” F.Stark

HOXE, TOCA SUBIR MÁIS CHANZOS. IMOS!!!

TERCEIRO CHANZO:                                                


RELEVO EUROPEO: COSTAS, RÍOS, LAGOS E CAPITAIS.

a)Define: costa, río, lago, delta, península,golfo, cabo, illa e capital.

b) Sitúa neste mapa de Europa os seus principais accidentes do relevo costeiro: 

PENÍNSULAS: de kola, Escandinava, Jutlandia, Crimea, Itálica, Balcánica e Ibérica.


GOLFOS: Biscaia, León, Xénova e de Botnia.

CABOS: San Vicente, Fisterra e Matapán.

ILLAS: Islandia, Irlanda, Gran Bretaña, Canarias, Baleares, Córcega, Cerdeña, Sicilia, Malta, Creta e Chipre.



c) Sitúa, neste mapa de Europa ,os principais ríos que a atravesan. Ponlle o delta a aqueles ríos que o pusúan como o Rin. Agora ponlle nome aos principais lagos que aparecen en dito mapa.



d) Coloca o nome da súa capital a cada país europeo. Lembra que se non che caben as letras dentro do país, sempre podes facerlle corresponder un níumero. Fíxate no seguinte exemplo: n.º 1 España- Madrid.



Para os que queiran  enredar

LEMBRADE: CABEZA , OLLOS E MANS NO QUE ESTADES A FACER. SENTIDIÑO!!!  

💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪💪

Mañá non poremos tarefa, para que teñades tempo para facer estas actividades.














viernes, 12 de junio de 2020


BO DÍA A TOD@S!

AVISO PARA SEXTO B !!!

Non vos esquezades de que hoxe ás 13:00 h temos videoconferencia coas profesoras do IES Pedro Floriani.  Velaquí os datos para a conexión.

Descrición: UNIRSE A REUNIÓN DE WEBEX

https://eduxunta.webex.com/meet/vanessabarciela

Número de reunión (código de acceso): 841 807 764

INTENTADE CONECTARVOS DEZ MINUTOS ANTES, PARA QUE ESTEAMOS TODOS PUNTUAIS. ESPERO QUE NON TEÑADES PROBLEMAS COA CONEXIÓN, DE NON SER ASÍ, POÑÉDEVOS EN CONTACTO COMIGO, POR FAVOR. 

ANTES DE PASAR A OUTRAS TAREFAS, PREPARAMOS UN CHISCO A REUNIÓN.


  • FALAMOS SÓ CANDO NOS TOQUE A QUENDA DE PALABRA:  DESPACIÑO E CLARO.

  • PROCURAMOS NON MOVERNOS DEMASIADO NO ASENTO, MIRAMOS AO 
    FRONTE E, CANDO NOS TOQUE FALAR, NON NOS ESQUECEREMOS DUN
    SORRISO.

  • PARA PRESENTARNOS DIREMOS  O  NOSO  NOME E APELIDOS, TAMÉN PODEMOS DICIR UNHA CUALIDADE NOSA POSITIVA E UNHA META QUE NOS GUSTARÍA CONSEGUIR NO NOSO PASO POLA ESO.

  • FINALMENTE, TEREMOS A MAN UN GUIÓN DE DÚBIDAS E INQUIETUDES
    QUE SE NOS PRESENTAN PARA O VINDEIRO CURSO ( as preguntas que 
    vos mandamos preparar)

TAREFA PARA HOXE: "SUPERRETO DE LINGUA GALEGA"

Fixádevos ben no texto e nas preguntas. Tedes ata mañá para entregar a tarefa. MOITO ÁNIMO!

O CARNÉ XOVE



Que é o carné xove?

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto de comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Quen pode facelo? Que vixencia ten?

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous incluídos. A vixencia é de dous anos a partir da data de expedición, e en ningún caso se poden superar os 30 anos, incluídos.

Como facelo?

Cubrir un impreso de solicitude no que acreditas a túa identidade co DNI  ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.

Onde utilizalo? Finalidades e vantaxes.

O seu obxectivo é facilitarlles aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino etc

As persoas posuidoras do carné xove teñen un seguro de balde que cobre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para lles facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

Participa nos sorteos do carné xove!

Se es titular do carné xove, podes participar nos sorteos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.


1. O texto que acabas de ler...
A. ...proporciona indicacións para solicitar o DNI ou carné xove.
B. ... informa sobre os inconvenientes de obter o carné xove.
C. ... proporciona información sobre o carné xove.
D. ... dá instruccións para cubrir o impreso de solicitude do carné xove.

2. Contesta se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:
- Para solicitar o carné xove é imprecindible ter DNI ou pasaporte.
- O carné xove é de balde.
- O carné xove conta cun servizo de asistencia en viaxe.
- En Galicia só existen 4 puntos emisores do carné xove.

3. As persoas posuidoras do carné xove poden gozar dos descontos e vantaxes en todos os países...

4. O carné xove ten una vixencia desde a data da súa expedición...
A. ... anual.
B. ... bianual.
C. ... de 12 a 30 anos.
D. ... permanente.

5. Elixe a opción correcta. Para obter o carné xove é necesario...
A. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter máis de 12 anos.
B. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter entre 12 e 30 anos.
C. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e non superar os 30 anos.
D. ... presentar o DNI ou pasaporte, pagar unhas taxas, cubrir un impreso de solicitude e ter menos de 12 e de 30 anos.

6. DNI é...
A. ... unha frase feita.
B. ... un antónimo.
C. ... unha sigla.
D. ... un estranxeirismo.

7. Imaxina que vas realizar unha viaxe por Europa e ca tes 12 anos. O carné xove é importante porque...
A. ... permite viaxar dun país a outro gratuitamente.
B. ... substitúe o Dni e o pasaporte.
C. ... permite pagar o aloxamento e o transporte.
D. ... permite obter descontos en determinados establecementos e servizos.

8. Por que se chama carné xove?


VIÑETAS SEN TEXTO PARA ESCRIBIR HISTORIAS

Agora tes que escribir unha historia a partir das viñetas que aparecen a continuación.
Sigue as instrucións para que che resulte máis fácil.




Fíxate ben nas viñetas. Narran unha historia que terás que escribir.
Pero antes pensa:
- Quen son os protagonistas destas viñetas?
- Como é o seu aspecto?
- Cal é a expresión do rostro dos personaxes?
- Onde sucede esta historia?
- Imaxina un motivo para a primeira viñeta: para que cociñou, cando cociñou,...

Para escribir a historia, sigue estes pasos:
1. Empeza indicando o lugar onde acontece a historia. Podes inventar un nome para cada personaxe.
2. Conta a historia en momentos ben ordenados de acordo coa  seguinte secuencia:
- Primeiro...
- A continuación...
- Finalmente...
3. Escribe un diálogo entre os dous protagonistas.
4. Ponlle un título á historia.

Agora redacta a historia.


Non esquezas coidar a ortografía e os signos de puntuación.

DEMOSTRA TODO O QUE LEVAS APRENDIDO ESTES ANOS!

Cando remates revisa o que escribiches e responde a estas preguntas cun SI ou NON.

A. Ao ler o texto queda claro o que ocorre nas imaxes?

B. Cambiarías algo do que escribiches?

C. Viches algunha falta de ortografía ao revisar o que escribiches?

D. O texto está separado en parágrafos?

E. Escribiches con boa letra e de forma limpa?

TAREFA 19 DE XUÑO.

Bo día, hoxe imos corrixir algunha tarefa que temos pendente. Pero antes recordámosvos como tedes que facer para conectarvos á videoconferen...